Desde as 17h en Compostela, falamos da loita das traballadoras no fogar

Cartaz conversatorio nov 2017-1Hoxe 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia Machista, unhas horas antes das concentracións convocadas polos colectivos feministas galegos, teremos no Matadoiro en Compostela, o último dos encontros coas compañeiras Roxana e Jackeline da Asociación Nosotras de traballadoras do fogar.

A través delas, traballadoras organizadas neste espazo autónomo, imos coñecer a súa experiencia, ben como a laboura que están a facer na asociación e nas redes estatais para derrubar as fronteiras no acceso a dereitos laborais e sociais fundamentais como pode ser o recoñecemento á prestación por desemprego.

Seguir lendo “Desde as 17h en Compostela, falamos da loita das traballadoras no fogar”

Advertisements

Hoxe venres 24 comezan os encontros na Coruña e Ferrol

23722651_1025352364271404_1692222579753984980_nHoxe venres tarde teremos o primeiro día de encontros da 5ª Semana Galega de Loita contra as Fronteiras.

Este é o programa de actos na Coruña e Ferrol:

A CORUÑA – Mesa redonda – 19 a 21h

  • “Sen nós non se move o mundo”. Asociación Nosotras (Granada)
  • “Papel das entidades do terceiro sector e das empresas intermediarias. Superando as lóxicas de competencia”. Fundación JuanSoñador, Programa Teranga A Coruña
  • “Perspectivas de futuro. Presentación do Proxecto Ecolimp”. Asociación Ecos do Sur A Coruña

Espazo de debate/charla-coloquio e conclusións
Lugar: Asociación Viraventos. Rúa Monasterio de Caaveiro, 4 Baixo.

FERROL – Mesa redonda “DEREITOS E ABUSOS NA EMPREGADA DO FORGAR” ás 19:30h. Con compañeiras da Asociación NOSOTRAS, Luca Chao e Saínza Ruiz.

Lugar: Ateneo Ferrolán. Rúa Magdalena, 202-204.

Arrancamos a Vª Semana denunciando as vulneracións de dereitos a menores sen papeis

DPEke7TX0AUNu1YOnte, coincidindo coa celebración Día Internacional dos Dereitos d@s Nen@s, convocamos unha rolda de prensa informativa diante do Rexistro Central da Xunta de Galicia en San Caetano para presentar, xunto cunha reclamación do propio Foro, unhas cartas elaboradas por nenos e nenas migrantes residentes na  nosa Comunidade Autónoma, nas que solicitan o acceso aos mesmos dereitos que teñen os seus compañeiros e compañeiras.

Seguir lendo “Arrancamos a Vª Semana denunciando as vulneracións de dereitos a menores sen papeis”

Xa temos programa para a 5ª Semana

Cartaz conversatorio nov 2017-1Nos últimos cinco anos o Foro Galego da Inmigración adica unha semana a visibilizar as fronteiras que separan as persoas migrantes do conxunto da poboación, restrinxindo o seu acceso a dereitos e liberdades.

Nese traballo de sensibilización abordamos tanto as fronterias exteriores e os mecanismos represivos da política migratoria española como tamén outras barreiras moito máis sutís ou que permanecen invisíbeis para a meirande parte da cidadanía.

Neste 2017, teremosa a nosa 5ª semana onde trataremos as fronteiras no acceso a dereitos laborais, en concreto nun sector ocupado maioritariamente por mulleres migradas como é o emprego do fogar e de coidados. Os días 24 e 25 de Novembro teremos encontros públicos coa Asociación Nosotras de Granada.

Lugo e Vigo pechan mañá a IIIª Semana contra as Fronteiras

sfronteiras3_lugoMañá xoves 5 de Novembro, teremos actos en Lugo e Vigo.

En Lugo presentaremos a moción “Lugo, libre de CIE” nunha concentración na Praza Maior ás 11h. Á tarde ocuparemos con diversos actos o CS Mádia Leva que concluirán nunha charla a partir das 20:30 dinamizada polo compañeiro Randi Montero do Colectivo Sen Papeis.

En Vigo, xunto ás compañeiras de ODS e GAS, teremos un encontro, o último da visita galega, coa compañeira de Tanquem els CIEs Ainhoa Nadia Douhaibi.

Mércores 4, a Semana en Compostela

sfronteiras3_compostela_webMañá, mércores 4, presentaremos a moción “Compostela libre de CIE” a partir das 11 da mañá ás portas do Concello de Santiago. O Foro ofrecerá unha rolda de prensa e explicará a moción nunha xuntanza coa concelleira de Benestar Social.
A partir das 20 da tarde, na Libraría Lila de Lilith (Rúa Travesa 7), compartiremos experiencias con Ainhoa Nadia Douhaibi.

Comezan os actos da Semana na Coruña

sfronteiras3_corunhaMañá luns 2, a partir das 19:30 na Rúa de Mosteiro de Caaveiro 4, na Coruña, comezamos as palestras desta IIIª Semana Galega da Loita Contra as Fronteiras. Un encontro coa compañeira Ainhoa Nadia Douhaibi (de Tanquel els CIE) que nos permitirá aprender das experiencias dunha das iniciativas máis activas na mobilización social contra estes auténticos “Guantánamo” que pretenden inserirse normalizadamente nas nosas sociedades.

O negocio das deportacións exprés

PortadaParemosLosVuelosA Unión Europea deporta cada ano centos de miles de persoas. En 2012, segundo datos do Eurostat, foron 163.380 expulsións. O 17% corresponderon ao Estado español. As deportacións execútanse por terra, mar ou aire, de maneira individualizada ou colectiva. No caso do transporte aéreo, cando as expulsións son individuais ou de pequenos grupos, empréganse liñas de voos regulares. As deportacións colectivas empregan avións ad hoc, mediante un dispositivo coñecido como “voos especiais”. Seguir lendo “O negocio das deportacións exprés”